Noticias
A Discapacidade Intelectual En Loita
10/10/2025
A DISCAPACIDADE INTELECTUAL EN LOITA
As entidades galegas que traballamos coas persoas con discapacidade intelectual dicimos basta.
Levamos meses alertando da situación límite que vivimos pola falta dun financiamento xusto e estable que garanta a continuidade dos nosos servizos.
Os custos soben, os salarios soben, a inflación non dá tregua…
Pero os prezos do concerto social seguen practicamente conxelados.
A Xunta de Galicia non ofrece unha resposta nin abre un diálogo real, mentres as entidades facemos o imposible por manter os apoios, os empregos e os dereitos das persoas que dependen de nós.
Por iso levantamos a voz xuntas, baixo o lema:
“A discapacidade intelectual en loita. Sen financiamento non hai futuro”
►As persoas con discapacidade intelectual non poden seguir agardando.
►Os servizos que garanten a súa inclusión non poden desaparecer.
►É o momento de unir forzas, facernosescoitar e defender o que é de xustiza:
un financiamento digno para un futuro con dereitos e igualdade.
Archivada en:
Infórmate > Noticias