Misión, visión e Valores

 

MISIÓN:


Melloramos a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias, dentro do ámbito da Comunidade Autónoma Galega, ofrecemos unha atención especializada e creamos as condicións necesarias para que poidan disfrutar do exercicio dos seus dereitos e deberes, e participar na procura e consolidación  desas condicións.


VISIÓN:


Avanzamos na consolidación dos logros e na procura de solucións, e definimos  novos retos  que  a asociación afronta, no seu desarrollo evolutivo, para ofrecer en cada momento, a resposta máis axeitada, orientada ao logro da autodeterminación das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.


VALORES:

 

  • Igualdade: persoas con discapacidade intelectual son suxeitos de dereitos e deberes, en igualdade de condicións que as personas sen discapacidade
  • Respeto ás características particulares de cada persoa.
  • Protagonismo das familias, tanto nas demandas como na súa participación orientada ao cumprimiento da misión.
  • Calidade na atención, adecuando constantemente as actuacións ás demandas presentadas en cada momento.
  • Defensa dos intereses do colectivo de persoas con discapacidade intelectual dende unha perspectiva global.

 

      Imprimir